Benvidos a este Microsite destinado a achegarvos o disco tributo a LOS TAMARA: "Canciones para Locos y Soñadores"
Catro bandas emerxentes do panorama musical galego, a través do Grupo Informal LOS TAMARA, decidiron revisitar e adaptar algunhas das melodías desta mítica banda Noiesa como sentido e humilde homenaxe ó seu traballo pioneiro nos eidos da música e a cultura galegas.
A modo de declaración de intencións, deixamosvos o manifesto redactado por un dos coordinadores do proxecto, Ramón Santos.
Este disco xorde como una necesidade dos mozos e mozas de Noia de homenaxear ó que sen dúbida foi o máis grande grupo de música da historia da nosa terra.
Os xóvenes estamos cansos de que nos tachen de conformistas, polo que decidimos poñer o noso esforzo e talento ó servizo da sociedade, ofrecéndolle estas cancións que non son só unha mera versión, senón unha nova reinterpretación dentro dunha longa discografía.
Dende o grupo informal 'Los Támara' desexamos que disfruten deste disco tanto como nós disfrutamos realizándoo.
Ramón Santos Pérez
GRUPO INFORMAL “LOS TAMARA” |